NORMATIVA
Regulación e normas de la pesca submarina en Galicia
.Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, publicado no DOG no 139, do 21 de xullo de 1999.
.Orde do 17 de setembro de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño, polo que se regula a pesca marítima de recreo, publicado no DOG no 188, do 24 de setembro de 2009.
RESUMO
-En calquera modalidade de pesca marítima de recreo poderá capturarse un máximo de cinco quilogramos por licenza e día, non computando o peso dunha peza que supere o peso do límite establecido. Só se permitirá a posesión dunha peza que supere o peso do límite establecido. No caso do polbo, o límite será de dúas pezas por pescador e día, mínimo 1 kg de peso.
-A licenza para a práctica da pesca marítima recreativa só permite a captura de cefalópodos e peixes.
-Só se permitirá a práctica da pesca submarina recreativa os sábados, domingos e festivos estatais ou autonómicos. No período comprendido entre o xoves e o domingo de Semana Santa, e entre o 1 de maio e o 30 de setembro, pódese practicar todos os días.
-Na pesca submarina, o mergullador deberá sinalar en todo momento a súa posición mediante unha boia vermella, amarela ou laranxa, cunha bandeira coa letra A do Código Internacional de Sinais.