Documento en defensa da pesca submarina en Galicia
O documento nace como resposta ao descontento do colectivo de pescadores submarinos ante a arbitrariedade da normativa que impón limitacións horarias sen xustificación técnica ou científica. Durante anos, estas restricións xeran un profundo sentimento de agravio e inxustiza, posto que afectan de forma desproporcionada a unha práctica sostible e de autoconsumo.
Era unha forma de loitar por unha normativa máis xusta e equitativa, que recoñeza a pesca submarina como unha actividade respectuosa co medio mariño e de mínimo impacto. Este documento buscaba canalizar o malestar acumulado nunha defensa sólida e fundamentada, esixindo a igualdade de dereitos e un marco normativo acorde coa realidade do colectivo.
Así se iniciou outras iniciativas, como a recollida de sinaturas e a creación da Asociación Galega de Pescadores Submarinos Responsables.